Benvidos e Benvidas á web oficial da
Mostra de Teatro Galego de Cariño

PROGRAMA

XOVES 10 E VENRES 11 DE AGOSTO

Obradoiro de iniciación ao Clown

 

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 10:00 a 14:00 horas

Prezo por alumno: 20€

Obxectivo: O obradoiro terá como obxetivo básico o achegamento de cada un dos participantes ó seu propio clown. Durante as sesións nas que se desenvolverá o curso, adicarase unha parte importante do tempo a xogar. O xogo é moi importante para o descubrimento do clown.

 

Participantes: Dado que se trata dun curso de iniciación ó clown, e tendo en conta que se busca unha especie de nacemento do mesmo, o perfil máis axeitado de alumno para este curso é o de persoas chegadas non só do mundo da interpretación, senón, persoas de calquera ámbito que non asistiran con anterioridade a ningún curso ou obradoiro sobre o mesmo, ou en caso de ter asistido, querer profundizar na sua búsqueda. En canto ás idades, admitirase calquera persoa a partir de 15 anos.

Imparte: María Bañobre (Ferrol 1978) Fórmase en clown con mestres da talla de Jonh Wright, Tom Greder, Christian Atanasiu, Eric de Bont, Carlo Colombaioni, Johns Pappila, Pablo Muñoz, Sophie Gazel ou Leo Bassi. Co-fundadora da compañía de clown MAQUINARIA PESADA, e máis recentemente IBUPROFENO TEATRO coa que desenvolve proxectos propios xunto co seu compañeiro Santiago Cortegoso como “A Filla de Woody Allen”, “Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios”, “Fitness”, “O Furancho” ou “Raclette”. En 2004 traballa como clown coa compañía francesa Theatre Organic, no espectáculo “Où va la lumière quand il fait noir?”. Ademais participa desde o 2001 en espectáculos de clown coas compañías Os Sete Magníficos Máis Un e Dous Son Compañía.

Desde o 2.003, imparte cursos de clown con regularidade en escolas de teatro, concellos, festivais, centros de formación profesional ou asociacións culturais. Como actriz, recibe dous premio de teatro María Casares no 2015 e no 2014. Estudou teatro na escola CASAHAMLET (A Coruña), realizou o Posgrao de Especialista en Arte Dramática na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de cursos intensivos complementarios de voz, Commedia dell’Arte, esgrima, bufón, movemento escénico,danza, dobraxe, teatro en verso, etc.. Dende o ano 1998 participa en máis dunha treintena de espectáculos teatrais en distintas compañía profesionais de Galicia e do resto do estado.

PROGRAMA

SÁBADO 12 DE AGOSTO

Pistacatro: “Autoestopista Intergaláctico”.

Lugar: Porta da Pulida

Horario: 12:30 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

Artista en escena: Aitor Garuz.

Técnicas Circenses: Malabares, monociclo, clown, transformismo e humor, moito humor.

Duración: 45 minutos.

Todos os públicos.

Un show de ciencia-ficcion, de clown e transformismo con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control de obxectos malabares e paralizan ó público con monólogos esmendrellantes. Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do … Autoestopista Intergaláctico!

Desastronauts: “Máis Alto Aínda”.

Lugar: Praza Roxa

Horario: 20:30 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

Artistas en escena: Raquel Veganzones, Girisho Gordon.

Técnicas Circenses: Circo e clown.

Duración: 45 minutos.

Público Familiar.

Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home… Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.

Circo No Ato: “A salto alto”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:30 horas

Prezo: Entrada 5€

Artistas en escena: Carol Costa, Cássia Cristina, Luís Fernando Martins, Mário Martins, Natássia Vello, Rafael Garrido e Rodrigo Ceribelli.

Técnicas Circenses: Circo.

Duración: 50 minutos.

Público Familiar.

Compañía procedente do Brasil, Circo no Ato consolidouse como unha compañía de circo: Um dia de João, con máis de 100 representacións, Febril, en coprodución co Crescer e Viver, e, xerado nunha residencia na Central del Circ, en Barcelona, en setembro e outubro de 2015, A Salto Alto – Entre gentilezas e extermínios, estreado en xuño do 2016. Obtiveron o Prêmio Carequinha/Funarte em 2013, para realizaren unha itinerancia por 10 cidades do estado do Rio de Janeiro. Foi vencedor da Mostra Competitiva de Circo do FIl en 2014 e obtivo o Viva a Arte!, Fomento Direto da Secretaria de Cultura do Rio de Janeiro en 2015, para a creación deste novo espectáculo, que agora vén a Galicia.

Neste espectáculo abórdase o mal da época: xógase coa posibilidade de que a vida sexa máis xogo e menos destino, camiños, medios, riscos… Coa dirección de Roberto Magro, o espectáculo profana a clásica historia da Cinsenta, mestura fantasía e sátira e cuestiona a busca desenfreada de bens materiais. Sete persoas sen nada no peto, pero con bagaxes cargadas de liberdade, represión, valores, colonización e transgresión, que ao teren acesso a outro xeito de vivir íspense das súas experiencias para viviren esoutra realidade.

PROGRAMA

DOMINGO 13 DE AGOSTO

Performance AVElina Pérez: “Os cans non comprenden a Kandinsky”.

Presentación da Revista Galega de Teatro

Lugar: Praza da Ribeira

Horario: 12:00 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

Concerto De Vacas: “Vacanal Tour 2017”.

Lugar: Parque do Concello

Horario: 13:15 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

De Vacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltatados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar. Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló… temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca que rescatamos para vós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.

IO: “Contiguo”.

Lugar: Explanada do Mercado

Horario: 20:30 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

Artistas en escena: Álvaro Reboredo e Álvaro Pérez.

Técnicas Circenses: Espectáculo de circo. Corda, acrobacias e Roda Cyr.

Duración: 40 minutos.

Todos os públicos.

Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ó outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte nalguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demáis. O destino únenos, a historia a escribimos nós. Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse, resultado da búsqueda no circo coma linguaxe en sí mesma.

PROGRAMA

LUNS 14 DE AGOSTO

Redrum Teatro: “A nena que quería navegar”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 12:00 horas

Prezo: 1€.

Elenco: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio.

Dirección: Álex Sampayo

Duración: 50 minutos.

Todos os públicos.

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinándolle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

Teatro do Atlántico: “Helena: Xuízo a unha lurpia”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:10 horas

Prezo: Entrada 5€.

Elenco: María Barcala.

Dirección: Xúlio Lago.

Autor: Miguel del Arco.

Duración: 60 minutos.

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra…….

“Quen escrebe a historia?”.

Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos con un relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade. O espectáculo O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mítico que podemos situar nun milenio a.C., e abordando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue inequivocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta cos nosos públicos unha reflexión e unha denuncia ao redor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancias polas que transita a nosa civilización: a constante e brutal capacidade humana para a destrución, o saqueo, o asasinato, a violación, e/ou a insoportable sucesión de interminábeis guerras neste século XXI, iniciadas frecuentemente con xustificacións tan “curiosas” como foi o pretendido “rescate” da fermosa Helena para explicar ó inicio dunha guerra que se prolonga dez anos e que culmina coa destrución de Troia.

A loita pola dignidade, pola xustiza e pola igualdade; a intensa denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder completan unha proposta relevante constantemente contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa, conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida.

PROGRAMA

MARTES 15 DE AGOSTO

Elefante Elegante: “Danza da choiva”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 12:00 horas

Prezo: 1€.

Elenco: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Autoria e Dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Duración: 50 minutos.

Todos os públicos.

Que aconteceria se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

Rojo Telón Circo: “Son elas”.

Lugar: Parque do Concello

Horario: 20:30 horas

Prezo: Entrada gratuíta.

Elenco: Ana Clara Cuervas, Begoña Peñaranda e Maider Yabar.

Técnica Artística: trapecio triplo, teas, verticais, clown.

Duración: 50 minutos.

Todos os públicos

Procedentes de Euskadi, Rojo Telón Circo presenta “Son elas”, que propón unha viaxe emocional íntima mais divertida de tres mulleres que se atopan no mesmo camiño e deciden seguir xuntas de viaxe. Pero será máis doado facelo xuntas, sobre todo cando unha delas é xorda e, con todo, é a única que fala. Poesía corporal, a través de elementos aéreos (trapecio triplo, teas…) e acrobacias de chan e verticais, que xerarán imaxes de moita forza visual e significativa, combinadas co clown para conseguir un espectáculo de circo contemporáneo divertido

Eme2: “Get Back”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:15 horas

Prezo: Entrada 5€.

Elenco: Alfonso Castro, Tamara Canosa, Mercedes Castro, Miguel Guido e Federico Pérez.

Autor: Diego Ameixeiras.

Dirección: Jorge Coira.

Duración: 85 minutos

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atorado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizais teña que vir rescatalos o exército. Pero primeiro van ter que entenderse.

A comedia comeza como un accidente. Eles non o saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, en algún tempo, se buscou a vida en Galicia. As vidas quedan cruzadas xusto cando se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

Ao remate da función, teremos unha charla coloquio coa compañía.

PROGRAMA

MÉRCORES 16 DE AGOSTO

Eme2: “Jim e a Illa do Tesouro”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 12:00 horas

Prezo: 1€.

Elenco: Rocío González e Toni Salgado.

Dirección: Álex Díaz e Javi Tirado.

Duración: 55 minutos.

Todos os públicos.

O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna.

Ibuprofeno Teatro: “Raclette”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:15 horas

Prezo: Entrada 5€.

Elenco: Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río

Autor e Director: Santiago Cortegoso.

Duración: 75 minutos.

 

A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela -a medida que comían- queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.

Os cinco personaxes conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco persoas que están pasando por momentos cruciais nas súas vidas , momentos de cambios, de inestabilidade, marcados por acontecementos que han deixar pegadas profundas para o resto da súa existencia. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.

PROGRAMA

XOVES 17 DE AGOSTO

Ghazafellos: “Frankenstein”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 12:00 horas

Prezo: 1€.

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho.

Dirección: Pepablo Patinho.

Duración: 70 minutos.

Público familiar.

Qué se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas?

Poida que algo que non quere ser descuberto ou, poida que, algo que espera que o descubran.

Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro e dos musicais, é una obra que sempre está vixente para unha reposición e máis para público familiar, xa que ás veces, é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección.

Eso pasoulle a Víctor Frankenstein e pásalles ás persoas que non se aceptan a si mesmas. E eso é do que trata Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos: da auto estima do ser humano.

Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non

Contraproducións: “O Tolleito de Inishmaan”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:15 horas

Prezo: Entrada 5€.

Elenco: Evaristo Calvo, Ana Santos, Pepo Suevos, Melania Cruz, Luís Iglesia, Santi Romay, Marcos Pereiro e Susana Dans.

Dirección: Cándido Pazó.

Autor: Martin McDonagh.

Duración: 120 minutos.

Un texto de personaxes labrados e brillantes, nos que os actores poden facer alarde do seu oficio e talento. Un elenco de actores e actrices de gran atractivo pola súa exitosa e constante presenza no teatro e no audiovisual, nunha combinación de profesionais de longa e premiada experiencia con novos e xa recoñecidos valores no mundo da interpretación.

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

Ao remate da función, teremos unha charla coloquio coa compañía, presentada e moderada por Manuel Xestoso (Subdirector da Revista Galega de Teatro).

PROGRAMA

VENRES 18 DE AGOSTO

Píscore: “Concerto Singular”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 12:00 horas

Prezo: 1€.

Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodriguez e Pablo Cabanelas.

Dirección: Fran Rei.

Duración: 55 minutos.

Todos os públicos.

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Teatro do Noroeste: “Palabras malditas”.

Lugar: Auditorio Municipal

Horario: 22:15 horas

Prezo: Entrada 5€.

Elenco: Manuela Varela, Luma Gómez, Imma António e Miquel Insua.

Autor e Dirección: Eduardo Alonso.

Duración: 90 minutos.

Un perseguido profesor experto en poesía francesa e unha prostituta coinciden nunha sórdida pensión da Coruña, nos anos corenta, en plena época de represión e asasinatos. A pesar das aparentes diferenzas cos separan, se aferran o un ao outro como á única táboa de salvación no inmenso océano da soidade. E entre os dous formarán un tándem pletórico de inspiración.

ENTRADAS

Aquí podes descargar o díptico coa programación.

Neste enlace tes un plano coas ubicacións onde terán lugar as representacións.

O prezo das entradas é o seguinte:

– Obradorio de iniciación ao Clown: 20€

– Función infantil: 1€

– Función noite: 5€

– Bono 20€ ( Permite a entrada a todas as funcións da noite )

CONTACTO

15 + 9 =